Hoxe publícase no DOGA a Orde de27 de decembro pola que se articulan axudas no marco do Programa de Mellora Gandeira de Galicia
Esta Orde regula entre outras as seguintes axudas:
Programas de Xestión Zootécnica (reprodución, podoloxía)
Programas de Planificación Sanitaria (ADS)
Actividade de fomento, difusión, profesionalización e especialización do Sector Gandeiro Galego
Axudas de apoio aos Libros Xenéticos da raza bovina Frisona e das razas Autóctonas de Galicia
Axudas de apoio ás organizacións ou asociacións das razas Autóctonas Galegas de protección especial en perigo de extinción
Axudas de apoio á realización de probas para determinar a calidade xenética ou o rendemento do gando vacún leiteiro
Axudas destinadas á realización de Programas de Cría de animais
Axuda para a adquisición de animais de reposición de determinadas razas bovinas, ovinas e cabrúas autóctonas españolas
No que respecta as axudas dirixidas a gandeiros en Control Leiteiro, este ano ten a novidade de que poderán ser bonificadas cun 30% sobre a porcentaxe media aquelas solicitudes de gandeiros que xustifiquen unha carga gandeira igual ou inferior a 2 UGM por hectárea. Estas subvencións corresponden as lactacións finalizadas no ano 2006.