PROBAS XENÓMICAS
29 / Noviembre / 2013
Dende vai uns meses CONAFE ofrece aos gandeiros a posibilidade de realizar as probas xenómicas de femias das súas explotacións.
Cada vez é maior o número de animais analizados polo que CONAFE actualiza os listados de mellores femias xenómicas de forma mensual.
Este servizo permite coñecer dun xeito máis preciso o valor xenético dos animais.
No listado publicado no mes de novembro salientamos os seguintes animais:
MELLORES XATAS MENORES DE 18 MESES
Posto |
Rexistro |
Nome |
GICO |
1 |
ESPH2703801968 |
COCHERO MASCALESE CARLOTA ET |
3.812 |
4 |
ESPH2703793251 |
XERCAS CAV ELVIRITA EPIC ET |
3.558 |
5 |
ESPH2703801969 |
COCHERO MASCALESE BELINDA ET |
3.539 |
6 |
ESPH2703796411 |
FIGUEIRA EPIC SISI ET |
3.529 |
8 |
ESPH2703827782 |
OUTEIRO SNOWMAN BAMBI |
3.455 |
Cinco das 10 mellores xatas por GICO son de Lugo.
A
primeira e a quinta do listado son dúas irmás completas da gandería Cochero de Guitiriz, trátase dunhas becerras pertencentes a familia de Torrel, pois o primeiro fillo de Bos Allen Jeny foi Torrel e a segunda unha femia de nome Bos Goldwyn Jessy cuia primeira filla, Bos Cochero Xacobeo Jessica, a nai destas becerras. Parabéns á gandería Cochero, de Guitiriz, pois conta na súa explotación cunha das familias máis destacadas a nivel mundial. Igualmente as ganderías Cavadas de Xermade, Figueira de Taboada e Outeiro de Chantada que tamén teñen xatas entre as 10 primeiras do ranking.
MELLORES FEMIAS MAIORES DE 18 MESES
Posto |
Rexistro |
Nome |
GICO |
1 |
ESPH2703489726 |
XERCAS CAV AROSAI GERARD ET |
3.809 |
6 |
ESPH2703489727 |
XERCAS CAV AROUSIÑA GERARD ET |
3.413 |
7 |
ESPH2703514980 |
TABOADA SUPER GALIZA |
3.409 |
No grupo de animais maiores de 18 meses tamén destacan as vacas de Lugo, con gandería Cavadas, de Xermade, con dúas irmás entre as 10 primeiras, fillas de Gerard e de Xercas Cav Arousana Roumare, unha filla de Bos Mtoto Arousa, e gandería Os Taboada, de Portomarín.