AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

PREMIO AO MELLOR GANDEIRO NOVO EUROPEO

27 / Octubre / 2008

 MARTA LÓPEZ RECIBIU EN CREMONA O PREMIO AO MELLOR GANDEIRO NOVO EUROPEO

Marta López

 A gandeira de Sarria Marta López, de 32 anos, recolleu o día 26 o Premio ao Mellor Gandeiro Novo Europeo na Feira Internacional do Bovino de Leite de Cremona (Italia). É a primeira muller que recibe esta distinción.

 A entrega do premio tivo lugar no recinto da feira ás dez da mañá de hoxe, domingo. O premio foi instituído hai nove anos na honra de Nino Balestreri, un mozo gandeiro de Cremona que faleceu prematuramente. A familia Balestreri asistiu en pleno á entrega do galardón, un acto de gran emotividade no que se lembrou a Nino e a filosofía que hai detrás do premio, distinguir aos  mozos que destaquen pola súa paixón pola gandería.

No acto estiveron presentes as autoridades locais, o presidente da Feira, Antonio Piva, o presidente da Banca de Cremona e numerosas persoas relacionadas co sector. Entre outros, o presidente da asociación de xóvenes gandeiros da rexión.

O Premio ao Gandeiro Novo Europeo está patrocinado pola Banca de Cremona. Empezou sendo unha distinción local ata acadar o carácter internacional que ten na actualidade. Entrégase sempre no marco da Feira Internacional do Bovino de Leite de Cremona, a segunda feira de bovino máis importante de Europa (despois da de Rennes).

Marta López de Sat a Veiga  De esquerda a dereita:
-ANTONIO DAVO presidende da Banca de Cremona, entidade patrocinadora do premio.   -MARTA LOPEZ

-STEFANO PASCUALE, presidente provincial da asociación de xóvenes gandeiros ANGA. E amigo persoal de Nino Balestreri, na memoria de quen se da o premio.
-ANTONIO PIVA, presidente da Feira de Cremona.

O premio valeulle a Marta unha estadía de tres días na rexión de Cremona, a rexión leiteira de Italia, durante os cales visitou explotacións, participou en xornadas técnicas e contactou con numerosos representantes do sector. Como anécdota, moitos dos gandeiros sorprendíanse ao saber que Marta non só administra a súa granxa (unha SAT na que participa con outros dous mozos), senón que tamén traballa directamente no manexo do gando e as terras.

Marta López Premio Ballesteri  De esquerda a dereita: Patricia Balestreri, Analisa Balestreri, Marta López, Davide Balestreri e Antonio Piva

Na súa alocución, a moza gandeira agradeceu que se distinga a mozos que están dispostos a continuar no medio rural.

A candidatura de Marta foi presentada e defendida pola revista Afriga, a única revista de gandería española que acode ao certame. Afriga é a revista de referencia para o sector lácteo en Galicia e Asturias.

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético