17 / Octubre / 2011
Na segunda edición destes premios organizada polo Ministerio de Medio Ambiente Medio Rural e Mariño foron premiados con 25.000 € cada un 12 proxectos relacionados coa pesca, agricultura, servicios de proximidade, educación infantil ou agroalimentación promovidos por mulleres.
O obxectivo destes premios e distinguir iniciativas orixinais, basadas na xestión sostible dos recusos naturais.
Granxa Maruxa e unha explotación ecolóxica de vacún de leite, socia de Africor Lugo, que ademáis de velar dunha forma especial polo benestar dos animais deu un paso máis transformando o leite das súas vacas para facer as xa famosas "Maruxas de nata" unhas galletas feitas con nata, fariña e azucre dunha forma totalmente artesanal e cunhas materias primas ecolóxicas o que fan destas galletas un produto moi especial.
A hora de otorgar o premio tamén tiveron en conta a función exemplarizante deste proxecto que pode animar a outras mulleres a emprender iniciativas similares.
Enlace MARM
Páxina web de Granxa Maruxa