PREMIO
23 / Abril / 2015
Na última edición do Salón Gourmet de Madrid, celebrada neste mes de abril, tivo lugar o Campeonto de España de queixos, onde se foron selecciónando os mellores queixos por categorías, segundo fosen de leite de ovella, cabra, cabra, curados ou frescos ect, e ao final elexiron o mellor queixo de España, resultando gañador o queixo de Santo André, unha queixeria situada en Castroverde, Lugo.
Trátase dun queixo curado acollido a denominación de orixe Queixo do Cebreiro, un produto que non estaba elaborando ningunha queixeria, e onde Carlos Reija, propietario desta pequena industria viu unha oportunidade.
A gandería Reija de Castroverde era unha explotación produtora de leite, que vendía o seu produto a industria, pero na búsqueda dunha rendibilidade a esa produción de leite fai cinco anos que comenzou a elaborar queixos, primeiro queixo do Cebreiro tradicional e logo este queixo curado co que acaba de gañar o premio.