POXA EN MONTERROSO
23 / Abril / 2006
O domingo as 12 da mañá iniciouse unha nova poxa de gando frisón, no mercado gandeiro de Monterroso, con moito público e moi bo tempo, que axudou a que se achegase moita xente ás instalacións do Mercado Gandeiro de Monterroso.
Vendéronse 13 animais dos 15 presentados, acadando un volume total de vendas de 20.500€.
O prezo medio foi de 1.577 € por animal.
O animal que acadou o prezo máis alto, 1.850€, foi a xovenca presentada pola gandería Chusco S.C., de Ribadeo. Trátase dunha filla de Igniter por Lord Lily, cuberta do mes de agosto con September Storm, e nacida de xaneiro de 2004.
A próxima cita en Monterroso non será ata o día 10 de decembro, se ben antes teremos oportunidad de adquirir animais na poxa de Castro Riberas de Lea, o vindeiro día 27 de maio, sábado.