11 / Junio / 2024
O sábado 8 de xuño tivo lugar a primeira poxa de gando frisón no concello de O Páramo, ademáis coincidindo coas feiras de primaveira, unha feira referente dentro da provincia, pola gran cantidade de maquinaria, e posto de venta que alí se concentran.
Como era de esperar foi numeroso o público o que se achegou ata a carpa onde tivo lugar a poxa, se ben, non eran tantos os decididos a mercar, así dos 17 animais ofertados foron adxudicados 11 cun prezo medio de 2.341 euros.
Todos os compradores foron da zona sur provincia, quedando cinco animais no concello do Páramo, na gandería Pena Guisande de Friolfe entre eles o que acadou o prezo máis elevado, Queiroga Miami 2875 da gandería Queiroga tamén do Páramo.