AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

POXA EXPOLUGO

20 / Septiembre / 2007

Un ano máis AFRICOR LUGO participa na organización da feira multisectorial EXPOLUGO, que se celebra no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo, do 4 ao 7 de outubro. Durante estes días os visitantes poderán observar algúns dos mellores exemplares da raza frisona de España, xa que acudirán animais que veñen de participar no Concurso Nacional CONAFE 2007.

Ademáis, este ano terá lugar a 1ª Poxa de Gando Frisón de Alta Xenética, onde os asistentes terán ocasión de mercar animais de alto valor xenético, cunha media de ICO de +1.946, con varias xeracións MB ou EX, de familias de vacas como Snow Dellia, Squimo Carley ou Astre Salena, entre outras.

A poxa terá lugar o día 6 de outubro, sábado, as 12 da mañá, no recinto feiral Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo.

Esta poxa e a exposición de animais, forman parte dos actos organizados na feria gandeira EXPOLUGO 2007, que contará con exposición de maquinaria e equipamentos, feira de artesanía e produtos agrícolas, exposición de razas autóctonas, demostracións de doma, etc. 

Os animais participantes na poxa son os seguintes:
 
KLEINE REIXA ANKARA KLN GOLDW
OUTEIRO AARON ANDINA
POZO SEPTEMBER MARGA ET
POZO MARION NISA ET
PENA BLITZ MARMAX
XERCAS PORTA CABUXA FORBIDDEN ET

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético