AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

POXA EN MUIMENTA

11 / Junio / 2014

O día 19 de xullo, sábado, terá lugar unha nova poxa de frisoas en Muimenta, Cospeito grazas á iniciativa da  Asociación de Empresarios de Muimenta que decidiu colaborar con Africor Lugo para levar a cabo este evento.

 

Con esta actividade dase continuidade á poxa que se fai tradicionalmente durante a Moexmu, no mes de abril.

 

MOEXMU 2014

                                              Imaxe poxa MOEXMU 2014

 

Galicia é unha Comunidade historicamante deficitaria de recría, debido á contínua expansión das explotacións así como a unha escasa tradición de recría. Nos últimos deuse un cambio de tendencia, incrementándose de xeito notorio o número de efectivos de recría.

 

Segundo os datos de Africor Lugo o 25% das explotacións asociadas, de non incrementar o número de vacas de muxidura, terían un excedente de dúas a tres atas por ano. Dase o caso de que un 33% das ganderías vai necesitar repoñer esta cantidade de animais por ano para manter o mesmo número de vacas de leite que agora ten. Ante esta tesitura, a demanda de xatas está asegurada.

 

É importante a concienciación por parte dos gandeiros de realizar a reposición con animais con garantías sanitarias, afeitos ás nosas condicións de manexo, evitando a importación na medida do posible. Con esto gañaremos en sanidade e daremos valor engadido ás explotacións galegas.

 

Nesta situación de falta de recría teñen unha grande importancia este tipo de poxas que ven organizando Africor Lugo en colaboración con outras entidades, concentrando a oferta para que o comprador poda comparar e elexir os animas dun xeito rápido, cómodo e sinxelo, cunhas garantías sanitarias.

 

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético