AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

POXA EN FRIOL

POXA EN FRIOL

28 / Enero / 2026

O sábado 31 de xaneiro tivo lugar a cuarta poxa de gando Frisón organizada polo concello de Friol, nunha maña na que a choiva concedeu un respiro, foron moitos os gandeiros que se achegaron ata o mercado gandeiro, gandeiros da comarca, pero tamén de todo Galicia, pois esta primeira poxa do ano xa está máis que consolidada no calendario dos gandeiros.

poxa Friol 2026

Nesta ocasión presentaranse 17 animais, 11 vacas paridas e o resto xovencas próximas ao parto, coma sempre neste tipo de poxas os animais reunían un requisitos xenealóxicos impostos dende Africor Lugo, así como as máximas garantías sanitarias certificadas polos servicios veterinarios oficias, o que fan deste tipo de poxas un lugar único para adquirir animais.

Cun prezo medio de 3.547 euros, o volume de negocio foi de  60.300 euros, un diñeiro que grazas a este tipo de eventos vai directamente para gandeiros da nosa provincia, favorecendo o mercado local e xerando un ingreso extra para as ganderías.

Pero este tipo de eventos tamén son un servizo para os gandeiros que necesitan incorporar algún animal a súa explotación, pois a posibilidade de acceder a unha oferta concentrada de animais inscritos no libro xenealóxico, con toda a información dos seus antepasados dispoñible e as probas sanitarias realizadas no último mes supón unha garantía e unha comodidade, respecto a outro tipo de adquisición.

O animal que acadou o prezo máis alto foi unha primeiriza presentada pola gandería Lacpi de Sarria que foi para a gandería Estanqueiro de Portomarín por 4.250 euros, sen dúbida un gran animal que esperamos produza moito leite no seu novo fogar.

LACPI ALTAMESMERIZE 5459
Vendedor e compradores con Lacpi Altamesmeriz 5459

 

A organización destas poxas supoñen un esforzo e un gasto para as entidades organizadoras, así queremos agradecer ao Concello de Friol por está iniciativa, pero tamén a Xunta de Galicia que a través dunha orde de axudas permite sufragar parte dos gastos, aos servicios veterinarios oficiais, pola súa colaboración para poder presentar os animais con todas as probas sanitarias realizadas, a Cooperativa Aira pola súa axuda coa intendencia, alimentación para o gando e camas, a Xenética Fontao que obsequia aos compradores con 6 doses dos seus mellores sementais e a Caixa Rural Galega que dende o ano pasado colabora con 200 euros por cada animal adquirido nas poxas organizadas por Africor Lugo, entendendo que este tipo de actividades son un dinamizador do sector e axudan tanto aos gandeiros que teñen excedentes de recría como aos que precisan .

POXA FRISON

 

POXA FRIOL


 

POXA AFRICORLUGO

 

 

POXA FRISÓN

 

POXA FRISON FRIOL

Catálogo

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético