AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

POXA EN CHANTADA
Resultados

POXA EN CHANTADA

13 / Marzo / 2023

O sábado 11 de marzo tivo lugar en Chantada a primeira poxa do ano organizada por Africor Lugo, nesta ocasión coa colaboración do Concello de Chantada e a Cooperativa Aira, que ano tras ano, colaboran para facer posible esta subasta.

Nunha maña chuviosa foron moitos os gandeiros que se acercaron ata Chantada na procura dalgún animal para incorporar a súa gandería, así os 15 animais presentados, 11 vacas paridas e 4 xovencas, resultaron todos adxudicados por un prezo superior ao de saída, o precio medio foi de 2.817 euros.

Os compradores foron do sur da provincia de Lugo e do concello de Lalín, para onde foron adxudicados seis animais.

O animal que acadou o prezo máis alto foi Carballo de Baixo Goal Chispa, unha bonita primeiriza presentada pola gandería Carballo de Baixo de Sarria que foi adquirida pola gandería Pena Guisande do Páramo por 4.050 euros.

 

Fotos

 

RECRIA GENÓMICA

DESAFIO FRISONA

BOLSA DE RECRÍA

Ordenación granxas de vacún


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad