13 / Marzo / 2023
O sábado 11 de marzo tivo lugar en Chantada a primeira poxa do ano organizada por Africor Lugo, nesta ocasión coa colaboración do Concello de Chantada e a Cooperativa Aira, que ano tras ano, colaboran para facer posible esta subasta.
Nunha maña chuviosa foron moitos os gandeiros que se acercaron ata Chantada na procura dalgún animal para incorporar a súa gandería, así os 15 animais presentados, 11 vacas paridas e 4 xovencas, resultaron todos adxudicados por un prezo superior ao de saída, o precio medio foi de 2.817 euros.
Os compradores foron do sur da provincia de Lugo e do concello de Lalín, para onde foron adxudicados seis animais.
O animal que acadou o prezo máis alto foi Carballo de Baixo Goal Chispa, unha bonita primeiriza presentada pola gandería Carballo de Baixo de Sarria que foi adquirida pola gandería Pena Guisande do Páramo por 4.050 euros.