06 / Marzo / 2006
POXA DO XOVENCAS DE CASTRO RIBERAS DE LEA
Presentáronse dezaseis xovencas, das que se venderon quince, cun prezo medio de 1.640€.
O volume total de transaccións foi de 24.600€.
O animal que acadou o prezo máis alto foi Nodi Ford Venus, unha xovenca preñada de 8,5 meses, de 29 meses de idade, da gandería Nodi de Barreiros, un animal moi ben conformado, cunha nai BB80, vaca altamente productora, (cunha produción vitalicia de máis de 78.000 quilos de leite, en seis lactacións), que se vendeu por 1.950€.
Os animais vendidos foron principalmente para os concellos de Sarria e Castro de Rei.
Todos os lotes vendidos tiñan como agasallo un lote de doses de touros probados de Xenética Fontao.
Moito público e bo ambiente de poxa, donde trece dos animais superaron o prezo de saída.
Salientar o alto nivel sanitario dos animais ofertados, grazas a colaboración dos servizos sanitarios da Consellería do Medio Rural e do Laboratorio de Sanidade Animal de Galicia. Todos os animais foron analizados de IBR, BVD, Neospora e Paratuberculose, a maiores da campaña de saneamento oficial.
![]() ![]() |
O agraciado coa xata que se sorteou, doada pola Granxa Gayoso Castro, foi a gandería Chusco s. c. de Ribadeo. Nesta ocasión foi unha xata de cinco meses, con nai BB80 e avoa MB88. A bisavoa da xata é a famosa Starmore Rachelle (MB85).