POXA DE XOVENCAS EN CASTRO RIBERAS DO LEA
27 / Mayo / 2006
O sábado pola mañá tivo lugar unha nova poxa de xovencas no Mercado Gandeiro de Castro Riberas do Lea. Con menos público que en edicións anteriores, motivado pola época do ano, donde as ensilas e o millo restan tempo para acudir a estos eventos, congregáronse un selecto grupo de compradores, que poxaron por dezaseis das dezasete xovencas presentadas.
Coma sempre, uns lotes de animais moi salientables, donde se viron fillas de vacas con tres xeracións cualificadas MB, ou fillas de vacas de máis de 12.000 quilos de leite, ou xovencas con índices xenéticos por riba de 1.900 puntos de ICO.
O prezo medio foi de 1.622€, acadando un volume total de vendas de 25.950€.
O animal que acadou o valor máis alto foi Brisa Rudolph Estrella, presentada pola gandería O Pedregal, de Trabada, que acadou os 1.950€. Este animal foi adquirido por unha gandería de Xermade.
A poxa estivo presidida polo alcalde do Concello de Castro de Rei, D. Arturo Pérez vilariño, o Xefe de Servizo de Gandería, D. Victor Sánchez Robles e o Presidente de Africor-Lugo, D. José Manuel López Tellado.
Todos os compradores foron obsequiados cun lote de doses de touros probados, cedidos por Xenética Fontao, e con participacións para o sorteo dunha xata, cedida pola Granxa Gayoso Castro. A xata sorteada foi para a gandería Sat Xusto, de Triabá.
A vindeira poxa en Castro Riberas de Lea terá lugar o día 4 de novembro.