28 / Abril / 2008
Poxa de xovencas e vacas en Monterroso organizada polo Concello de Monterrroso e AFRICOR LUGO.
Segunda poxa do ano, celebrada no Mercado Gandeiro de Monterroso, Lugo, co seguinte balance:
Animais ofertados: 9
Animais vendidos: 9
Volume total de vendas: 21.800 €
Prezo medio de salida: 1.788 €
Prezo medio de venta: 2.422 €
O prezo medio de 2.422 € foi máis alto do esperado, debido á coxuntura do mercado de prezos de leite, se ben a forte demanda de animais fai que os compradores poxen por animais como os presentados en Monterroso.
A maiores das garantías sanitarias, o lote presentado tiña a característica de ter unha media de índices xenéticos das máis altas que se teñen visto nas poxas organizadas por Africor Lugo, cunpercentil 90%. A media de cualificación morfolóxica das nais foi de 81,3 puntos e unha media de produción de 11.733 quilos.
O animal que acadou o prezo máis alto foi Outeiro Throne Cantora, unha filla de Throne con nai MB 85, que presentou a gandería Outeiro, de Chantada, de 22 meses de idade, preñada do 31 de xullo de 2007 con Final Cut, pola que se chegou a pagar 3.300 €.
XENÉTICA FONTAO obsequiou cun lote de 6 doses dos touros Prestigio, Elegant e Dancer, por cada animal adquirido na poxa