AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

POXA DE GANDO FRISÓN EN MUIMENTA

22 / Marzo / 2012

O domingo día 1 de abril, ás 12:30 horas, celebrarase en Muimenta unha nova poxa de gando frisón na que participarán animais de ganderías en Control leiteiro de Lugo xunto con animais da Granxa Gayoso Castro.

Subhastaranse seis xovencas próximas ao parto e unha primeiriza parida de xaneiro, xunto cunha xata de seis meses da Granxa Gayoso Castro.

Da Granxa Gayoso Castro tamén se subhastaran dous machos con idades de 11 e 16 meses, cun pedigrí excepcional. Proceden de dúas familias de vacas de recoñecido prestixio mundial con varias xeracións cualificadas Moi Boas ou Excelentes.

Mulino S G Throne Berta ET, nai dun dos machos a subhastar

 

Por cada animal adquirido na poxa Xenética Fontao obsequiará seis doses de touros probados (Xacobeo, Lautamic e Dancer).

O transporte dos animais adquiridos na poxa é gratuito para as ganderías da província de Lugo.

Todos os animais contan cos requisitos sanitarios habituais nestas poxas, grazas á colaboración dos servizos sanitarios da Consellería do Medio Rural

Animais a subhastar

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético