AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

POXA DE GANDO DE CHANTADA

08 / Marzo / 2014

Cunha boa concorrencia de público, presentáronse no Mercado gandeiro de Chantada catorce reses, das que se venderon once.

POXA FRISOA CHANTADA

Tanto os prezos de saída como os de remate estiveron moi contidos, pasando dun prezo medio de saída de 1.650 € a un prezo medio final de 2.070 €.

Segue pois, tras a poxa de Castro en febreiro, unha sorte de prezos baixos que segue sin superar o prezo medio do pasado ano.

Acudiron compradores de tres provincias, sendo os de Lugo maioritariamente da zona sur, xunto a gandeiros de Pontevedra e A Coruña.

MACIA XACOBEO LAICA  MACIA XACOBEO LAICA - GANDERÍA SOBRADO

O animal que alcanzou o prezo máis alto foi unha xovenca próximo ao parto, filla de Xacobeo, presentada pola gandaría Sobrado, de O Incio, que acadou os 2.600 €.

Esta poxa, organizada conxuntamente pola Asociación de Gandeiros da Comarca de Chantada e Africor Lugo, contou coa colaboración da Cooperativa ICOS, Xenética Fontao, o Concello de Chantada, a Deputación provincial de Lugo e da Consellería do Medio Rural.

POXA CHANTADA

 

POXA FRISOAS

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético