AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

POXA DE CASTRO RIBERAS DE LEA

05 / Noviembre / 2005

  Crónica da Poxa de Xovencas de Castro Riberas de Lea organizada por AFRICOR-LUGO e o Concello de Castro de Rei.

Última poxa désta tempada, celebrada no Mercado Gandeiro de Castro Riberas do Lea, no concello de Castro de Rei, Lugo, co seguinte balance:

Animais ofertados:                   20

Animais vendidos:                    20

Volume total de vendas:           34.750€

Prezo medio de salida:              1.385€

Prezo medio de venta:              1.738€
 
O animal que acadou o prezo máis alto foi Marey Rudolph Nerea, unha filla de Startmore Rudolph de 22 meses de idade, preñada de 7 meses con Titanic, cunha nai filla de Comestar Lee, cualificada BB81, e un ICO de +1.550, da gandería Marey, de Suegos, Pol, pola que se chegou a pagar 2.200€.

A salientar a boa acollida déste tipo de eventos, que teñen como fin potenciar a venda de animais criados en explotacións de Control Leiteiro da provincia de Lugo. As condicións sanitarias dos animais que se ofertan son un valor engadido, ao estar analizadas de IBR, BVD, Neosporose e Paratuberculose.

Os compradores teñen todo tipo de facilidades, xa que a propia organización corre co gasto de transporte dos animales. Así mesmo, os vendedores so teñen que ofertar os animais que cumpren os requisitos marcados pola organización, sendo esta quen corre cos gastos das analíticas, o transporte, o pelado e a preparación dos animais.

As entidades implicadas na organización e patrocinio da poxa foron Africor-Lugo, o Concello de Castro de Rei e Consellería de Medio Rural, coa colaboración de Xenética Fontao S.A., e a Granxa Gayoso Castro.

O perfil do animal ofertado nesta poxa foi unha xovenca próxima ao parto, preñada de 8 meses, de 27 meses de idade, cunha nai cunha produción media de 10.700 quilos de leite e unha cualificación morfolóxica de 79 puntos.

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético