Decreto 297/2008, do 30 de decembro, polo que se aproba o Plan de xestión do lobo en Galicia.
Este Plan de xestión ten como finalidade garantir a viabilidade desta especie no territorio galego, e ao mesmo tempo compatibilizar a súa existencia coa da gandería extensiva e coa viabilidade económica das explotacións agropecuarias, adoptando medidas preventivas e establecendo liñas de axida para paliar os danos causados por esta especie.
Ademáis este Plan tamén busca a posta en valor da existencia do lobo, como elemento turístico máis nas zonas onde está presente esta especie.
Orde do 19 de xaneiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2009 as axudas para a prevención de ataques de lobo ao gando.