AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

PLAN DE APOIO AO SECTOR LÁCTEO

23 / Septiembre / 2015

Hoxe asinouse o plan de apoio ao sector lácteo, no que asinaron as seguintes entidades:

Distribuidoras:

Aces, Anged, Asedas, Ahorra Más, Alcampo, Carrefour, Condis, Consum, Covirán, Froiz, El Corte Inglés, Hipercor, Supercor, Eroski, Euromadi Ibérica, Gadisa, Dia, Grupo IFA, Lidl, Mercadona, Grupo Miquel, Musgrave, Más y Más e Simply.

Indústrias:

Fenil, Clesa, Dhul, Calidad Pascual, Capsa Food, Central Quesera Montesinos, Coinga, Covap, Danone, El Buen Pastor, Feiraco Lácteos, Lactalis, Leche Río, Hijos de Salvador Rodríguez, Reny Picot, Industrias Lácteas Monteverde, Iparlat, Kaiku, Lácteas del Jarama, Lácteas García Vaquero, Lácteas Toledo, Leche Celta, Leche Gaza, Mantequerías Arias, Mondelez International, Nestlé, Palancares Alimentación, Postres y Dulces Reina, Queserías Entrepinares, Queserías Lafuente, Quesos Aldonza y Don Ismael, Schreiber, Coopertia lechera de Cadí, Queserías Rocinante, Láctesa Flor de Burgos

 

Produtores:

Cooperativas Agro-alimentarias e Asaja.

Non secundaron o acordó tanto COAG como UPA que rexeitaron o seu contido por non figurar no mesmo a definición de prezo sustentable para o produtor e a inclusión dun réxime sancionador ante posibles incumprimentos.

 

A Ministra indicou que outras empresas sumaranse progresivamente ao acordó e que fará de garante do proceso e da implementación dos acordos subscritos.

O acordo entrará en vigor o día 3 de outubro, sendo a partir desta data esixible o cumprimento dos compromisos asumidos.

 

Compromisos das empresas de distribución

As empresas de distribución comprométense a valorizar o leite e os produtos lácteos, establecendo medidas concretas que impidan o seu uso como produtos reclamo nos seus establecementos.

Tamén promoverán modalidades de compra de leite líquido que, respectando a libre competencia e os distintos modelos de aprovisionamento, permitan manter o valor do produto nos primeiros chanzos da cadea, establecendo contratos a longo prazo coas industrias provedoras. Estos contratos permitiranlle as  industrias realizar unha planificación da produción e do aprovisionamento de leite  tamén a longo prazo.

A Interprofesional Láctea (Inlac) constituirá un comité consultivo coas asociacións da distribución co fin de analizar a cadea de valor e o impacto da aplicación dos contratos sobre a mesma e sobre a planificación das producións.

 

Compromisos das indústrias

A industria láctea e a Federación Nacional de Industrias Lácteas (Fenil) comprométense a aplicar nos seus contratos, prezos e volumes de compra que contribúan á sostibilidade das explotacións e garantan ao produtor a recollida, de acordo coa evolución das vendas da industria contratante.

As indúsrias comprométense a compartir cos gandeiros a revalorización que as industrias obteñan sobre os prezos de cesión, como resultado da revisión dos contratos coa distribución. Elaborarán un contrato-tipo de compravenda de leite co obxecto de mellorar a transparencia nas relacións entre gandeiros e os seus primeiros compradores.

 

Compromisos dos gandeiros

As cooperativas e organizacións agrarias comprométense a promover de forma efectiva a constitución de organizacións de produtores que integren a gandeiros individuais e aos socios das cooperativas de produción láctea. Estas organización de produtores terán a función de estruturar o sector, integrando ao maior número posible de gandeiros. Os gandeiros que se integren nas OPL adquirirán o compromiso de comercializar toda a súa produción e a ceder a capacidade de negociación ás organizacións de produtores.

 

 Texto oficial do acordo

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético