25 / Junio / 2014
Entre as novidades das valoracións xenéticas publicadas por CONAFE en xuño deste ano salientamos o feito de que dous fillos de Mario XACOBEO se situen con proba de descendencia entre os 10 primeiros touros españois.
Trátase dun feito insólito en España, nunca un fillo dun touro español se situara tan arriba nos listados de mellores touros, sendo un obxectivo de calquera Centro de inseminación, xa que son poucos os touros usados como pais de sementais que conseguen situar aos seus descendentes nos primeiros postos, algo só ao alcance dos grandes sementais da raza, e sen dúbida Xacobeo foi un deles.
A confianza dos gandeiros neste touro reflíctese en que é o touro con máis fillas vivas nas ganderías lucenses en Control leiteiro, cun total de 7.337, tres mil máis que o segundo touro por número de fillas, Elegant, outro touro de Xenética Fontao.
NODI XACOBEO XUBILEO (Xacobeo x Bolton x Mr Sam)
Cun ICO de 3.170 ocupa o 8º posto no listado de mellores touros españois con proba de descendencia. Por outra banda, este touro tamén fai historia ao tratarse dun touro procedente dunha familia de vacas criadas nunha gandería de Lugo, a gandería Nodi, de Barreiros, sendo unha liña xenética feita integramente na gandería, partindo dun animal en rexistro auxiliar nado vai case 30 anos. O traballo como criadores desta gandería fixo que este touro poda situarse entre os dez primeiros. Sen dúbida esta gandería é unha referencia de como o traballo en mellorar xeneticamente as vacas pode trasladarse, a través de touros como este, a outras ganderías que se poderán aproveitar do seu potencial de mellora.
NODI BOLTON KELI nai de Xubileo
Xubileo é un touro moi equilibrado, mellorante en produción e tipo, así como en caracteres funcionais como reconto celular e lonxevidade.
gandería Nodi
VENTURO XACOBEO DIXIE (Xacobeo x Goldwyn x Morty)
Dixie é o outro fillo de Xacobeo que, cun ICO de 3.151, situase no posto 10º dos touros españois. Este touro difire do seu irmán en que aporta menos produción pero ten unha proba para tipo algo mellor.
Máis información:
CONAFE