24 / Febrero / 2012
Vaise a modificar a estrutura do ficheiro de descarga de datos cos resultados das análises de Control leiteiro
A efectos do usuario, seguirase accedendo coa clave de Control leiteiro, se ben vanse amosar os datos de graxa e proteína, xunto cos que xa existían de reconto celular.
Esta información estará dispoñible na web aos poucos días de realizado o control, en función do día de control, da periodicidade de entrega de mostras e da súa análise polo LIGAL e de cando este nos envíe os resultados das analíticas. O prazo oscilará entre 2 e 5 días, despois de realizado o Control.
Con este novo formato disporase dos datos de graxa, proteína, urea e lactosa ao mesmo tempo que os datos de reconto celular (reconto, media xeométrica e puntuación lineal)
Xúntase un modelo do ficheiro coa estrutura dos campos
Novo modelo de ficheiro
|
CAMPO |
TAMAÑO |
TIPO |
|
CEA |
11 |
TEXTO |
|
CIB |
15 |
TEXTO |
|
NOME |
16 |
TEXTO |
|
NP |
2 |
ENTERO |
|
DIAS |
5 |
ENTERO |
|
RC |
6 |
DECIMAL |
|
MX |
6 |
DECIMAL |
|
PL |
5 |
DECIMAL |
|
%G |
5 |
DECIMAL |
|
%P |
5 |
DECIMAL |
|
UR |
5 |
DECIMAL |
|
LC |
5 |
DECIMAL |
Este aviso está orientado a aquelas persoas que descargan os datos de control en programas específicos para a súa xestión, a fin de que realizen as modificacións oportunas para poder baixar os datos neste novo formato
