07 / Diciembre / 2015
Novas mobilizacións
O día 10 de decembro, xoves, os gandeiros produtores de leite están chamados a unha nova mobilización en defensa do sector.
No acordó subscrito en Madrid entre industrias e distribución, ambas partes comprometíanse a aplicar uns prezos xustos para asegurar a viabilidade das explotacións gandeiras.
A data de hoxe non repercutiu no sector ningunha das medidas acordadas, quedando todo nunha simple declaración de intencións. Esta falta de compromiso pon en risco a viabilidade de todo un sector, de miles de familias e de miles de postos de traballo, directos e indirectos.
Por iso, o sector entende que é necesario volver a dar visibilidade ao problema, que lonxe de estar resolto, o que fai é cronificarse, producindo a quebra das ganderías de leite en Galicia.