02 / Abril / 2007
Con motivo da XXI edición de MOEXMU 2007 , AFRICOR-LUGO concede unhas mencións honoríficas ás ganderías máis salientables da provincia de Lugo, segundo os datos recollidos no ano 2006.
O acto de entrega destas distincións tivo lugar o sábado, día 31 de marzo, antes do Gran Campionato de Xovencas, no recinto feiral de MOEXMU, en Muimenta, Cospeito, Lugo.
Trátase de facer un recoñecemento a aquelas ganderías que traballan pola mellora da raza frisona, en busca duns animais máis rendibles para a produción de leite e á vez máis lonxevos, que permitan producir leite, de boa calidade, durante moito tempo.
Deste xeito, premiaronse as seguintes ganderías:
Gandería de maior produción media de leite por vaca Gandería Nodi , de Vilamartín Grande, Barreiros. (12.718 Kg.) |
![]() |
Gandería de maior media de cualificación morfolóxica
Gandería Casa de Baixo , de Hermida, Sarria. (86,57 puntos) |
![]() |
Gandería de maior puntuación por índices xenéticos
Gandería Novo , de Bazar, Castro de Rei. (ICO 1.428) |
![]() |