13 / Julio / 2009
LODOS DUPLEX PARIS sitúase como a primeira vaca galega do ranking de mellores vacas por índices xenéticos publicada por CONAFE.
É a única vaca galega que aparece entre as dez mellores de España por ICO.
Esta vaca é propiedade da gandería SAT Lodos e Pérez, de A Pastoriza, Lugo.
É unha primeriza, parida de agosto de 2008 que leva producidos máis de 11.500 quilos de leite
Está cualificada con 83 puntos e ten 3.105 ountos de ICO
Seu pai, Duplex, está situado no 2º posto dos mellores touros españois por ICO, por detrás do touro galego Xacobeo
Procede dunha familia de vacas francesas, cunha nai filla de Negundo, cualificada BB81