AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

Mantense a tendencia dun incremento na produción

03 / Junio / 2015

En abril de 2015, primeiro mes sen cota, rexistrouse un incremento na produción dun 1,7%, con 73.634 toneladas producidas polas ganderías en Control leiteiro da provincia.

No mes de maio, mantense esta tendencia, cun incremento do 3,2% se o comparamos coa produción de maio do ano anterior.

O incremento medio acumulado de xaneiro a maio deste ano foi dun 2%.

En canto ao censo de animais, tamén se dan incrementos respecto do ano  anterior, dun 1,4%, o que supón 1.080 vacas muxidas máis que en maio do ano anterior.

As explotacións en Control leiteiro da provincia de Lugo supoñen o 30% do total de ganderías de leite da provincia, pero producen o 71% do leite.

A media de vacas que se moxen mensualmente por explotación é de 45, unha media superior á do conxunto da provincia.

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético