07 / Abril / 2014
Concurso de manexadores MOEXMU 14
Como é tradición o domingo pola mañá as actividades na pista principal da Moexmu, comenzaron co Concurso de manexadores, organizado polo Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia e xulgado por D. Jaume Serrabasa, xuíz de CONAFE.
Sección 1: Xóvenes entre 21 e 30 anos inclusive
![]() |
1º da sección:Miguel Expósito Rodríguez |
Sección 2: Mozos entre os 16 e 20 anos inclusive
![]() |
1º da sección: Águeda Capón Fernández |
Sección 3: Mozos entre os 10 e os 15 anos inclusive
![]() |
1º da sección: Brais Iglesia Vila |
Sección 4: Rapaces menores de 9 anos
Todos resultaron primeiros de sección
Sección 5ª: Campionato
Poxa de gando frisón
Moexmu, Muimenta, Cospeito, Lugo 6 de abril de 2014
Poxa moi concorrida con quince animais presentados e pleno de vendas. Asistiu moito público, con compradores Lugo e Pontevedra.
O prezo medio de venda foi de 2.229 €, oscilando entre os 1.800 e os 2.550 €.
A maiores subhastáronse dous machos de trece meses, un por 1.200 € e outro por 1.600 €. Outra das novidades foi unha xata presentada pola Granxa Gayoso Castro, unha filla de Delano, de 12 meses, cun ICO de 2.966, da familia de Charity, pola que se pagaron 1.800 €.
CASTRO DELANO 3741
Superouse en case 200 € o prezo medio da última poxa, co que o prezo medio para este ano se sitúa en 2.140 €, a falta doutras dúas poxas.
VEGA DEMPSEY DELIA
O animal mellor valorado foi a xovenca próximo ao parto presentada pola gandaría Vega, de Castro de Rei, unha filla de Dempsey, preñada con Mascalese, con nai Feiticeiro BB81, pola que se pagaron 2.550 €.
Segue a tendencia do mercado de valorar máis as vacas paridas que as xovencas próximas ao parto, cun diferencial de prezo, que nesta poxa foi de tan só 80 €.
Entrega de premios