17 / Marzo / 2015
Os días 11 e 12 de abril celebrarase una nova edición do Concurso de MOEXMU 2015, en Muimenta, Cospeito, Lugo.
Con este son xa 29 anos organizando o concurso.
Como novidade, este ano a poxa de gando frisón trasládase ao sábado, día 11, para facer coincidir en sábado todas as poxas organizadas por Africor Lugo.
O calendario de actividades é o seguinte:
Día 11.sábado
10:00: Concurso de Xatas e Xovencas
12:00: Poxa de gando frisón
16:00: Concurso de Vacas e Campionatos
Día 12.domingo
11:00: Concurso de Manexadores
13:00: Entrega de premios
14:00: Clausura e xantar