Orde do 22 de abril de 2009 pola que se modifica a Orde do 29 de xaneiro de 2009 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e da indemnización compensatoria, e se convocan as axudas previstas no contrato de explotación sustentable no ano 2009.
Por medio desta orde adaptase a Orde do 29 de xaneiro ao disposto no Regulamento (CE) 73/2009, onde se establecen as disposicións comúns aplicables aos réximes de axudas aos agricultores.
Esta modificación incrementa a modulación aso pagamentos directos, que se aplicará só aqueles agricultores ou gandeiros que reciban máis de 5.000 euros, ademáis esta revisión avanza cara unha simplificación do réxime de pagamento único.