18 / Agosto / 2025
A Federación Frisona Galega (Fefriga), coincidindo co fin da VI Escola de Iniciación de Futuros Gandeiros, fixo entrega das Distincións Honoríficas, que premian o esforzo, a dedicación e a profesionalidade dos criadores máis destacados de 2024.
Un ano máis as ganderías de Lugo descan e copan os primeiros postos dos ranking, destacando principalmente nos premios aos valores medios das ganderías, así a mellor gandería por media de produción é Rodasinde do Saviñao, por cualificación morfolóxica: Mantoño Holsetin de Barreiros e por índices xenéticos Sat Agosto Darriba da Pastoriza.