AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

MELLORES XOVENCAS

23 / Abril / 2013

CONAFE publicou as 10 mellores xovencas por avaliación xenómica do mes de marzo, sendo a número 10 LINA DELANO  ANA, da gandería Lina de Trabada.

 
 
Lina Delano Ana é  unha xata nada de xullo de 2012, filla de Lina Xacobeo Paula unha primeiriza cualificada BB 83 puntos, que xa mostraba unha excelente morfoloxía de xata, como demostra a súa participación en varios concursos, entre eles o Concurso Nacional da Raza Frisoa, celebrado en Xixón no ano 2012.
 
LINA XACOBEO PAULA  LINA XACOBEO PAULA (en MOEXMU 2012)
 
Seguindo a árbore xenealóxica desta xata temos a Lina Bolton Mayra MB 85 que en dúas lactacións leva producidos 21.538 Kg de leite ao 3,8% de graxa e 3,4% de proteína, segue Lina Goldwyn Yumara MB 85, que en 3 lactacións leva producidos 43.338 Kg de leite ao 4,0% de graxa e 3,2% de proteína, vemos que se trata dunha familia con boa morfoloxía e boas producións.
 
Noraboa aos propietarios desta xata, pois e o resultado dun bo traballo como criadores de frisón.

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético