10 / Julio / 2025
Dentro das actividades paralelas a Asemblea Xeral celebrada o 27 de xuño, tivo lugar unha xornada técnica a cargo de Oriol Franquesa. O veterinario ofrecerá unha ponencia titulada “Equipos humanos na sala de muxido. Formación e motivación”.
O encontro organizado en colaboración coa revista Vaca Pinta e patrocinado por Boehringer Ingelheim e Caixa Rural Galega, permitiu aos asistentes ver o enfoque das ganderías como empresas contratadoras de persoal, un factor cada vez máis limitante na produción de leite e que nos obriga a competir con outros sectores por esa man de obra, así e necesario mellorar a imaxe do sector como lugar de traballo a fin de atraer e fidelizar a man de obra.
PREMIO AS MELLORES GANDERÍAS DA PROVINCIA
Un ano máis aproveitamos a celebración da Asemblea para entregar as distincións as mellores ganderías da provincia, este ano contamos coa presenza da Conselleira de Medio Rural ,María José Gómez e o presidente de Caixa Rural, Manuel Varela.
Africor Lugo fai cada ano un recoñecemento ás mellores ganderías da provincia seguindo un criterio de méritos en distintas categorías, tratando de salientar aquelas explotacións que traballan pola mellora da súa gandería, en busca duns animais máis rendibles para a produción de leite e á vez máis lonxevos, que permitan producir leite, de boa calidade, durante moito tempo.
Para estar neste grupo das mellores ganderías da provincia é preciso estar entre as cen mellores por produción, cualificación e índices xenéticos. Esto fai que sexan requisitos moi esixentes, o que abonda no mérito desta ganderías. As ganderías premiadas son as seguintes:
GANDERÍA |
CONCELLO |
Cualificación morfolóxica |
Produción por vaca |
Índices xenéticos |
CASA DO REGO |
LANCARA |
83,16 |
15.479 |
1.147 |
ZORRO |
SARRIA |
81,15 |
14.791 |
1.165 |
LODOS E PEREZ |
A PASTORIZA |
81,24 |
15.383 |
1.141 |
GANDERIA NEIRAS |
SARRIA |
81,92 |
13.466 |
1.134 |
TENDEIRO |
O PARAMO |
81,00 |
14.157 |
1.141 |
CASANOVA |
BALEIRA |
81,92 |
12.740 |
1.147 |
VARELA |
CASTROVERDE |
81,47 |
13.993 |
1.131 |
ROMEPEN |
SARRIA |
81,01 |
12.681 |
1.146 |
GANADERIA DO REI |
A PASTORIZA |
80,82 |
13.642 |
1.132 |
LAR DE GRACOZA |
COSPEITO |
80,87 |
13.309 |
1.133 |
GRANJA ILLOA |
MONTERROSO |
81,24 |
12.751 |
1.131 |
A maiores, tamén son merecedores de mención as primeiras explotacións por produción, morfoloxía e índices xenéticos, amosando o traballo realizado nestas gandería para acadar uns valores tan destacados.
Gandería de maior produción media de leite por vaca:
RODASINDE, Segán de Abaixo, Escairón, O Saviñao. (16.403 Kg)
Gandería de maior media de cualificación morfolóxica:
MANTOÑO HOLSTEIN, Novas, San Xusto, Barreiros. (88,77 puntos)
Gandería de maior media de puntuación por índices xenéticos:
SAT AGOSTO DARRIBA, Maciñeiras, A Rigueira, A Pastoriza. (ICO 1.199)
Os premios a estas ganderías serán entregados o día 27 de xuño ás 13:30 depois da asemblea da asociación e a charla programada para esa data.