AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

Iníciase un programa de transferencia de embrións na provincia de Lugo

28 / Abril / 2011

Comenzouse a realizar as primeiras transferencias de embrións con embrións procedentes do programa de mellora xenética asinado entre o Inludes e Africor Lugo. 

O pasado día 21 de abril realizouse a primeira transferencia embrionaria na gandería Casa de Baixo, en Sarria.

TRANSFERENCIA DE EMBRIONS

O veterinario designado polo Inludes para a realización das transferencias embrionarias é D. Carlos Suárez Fernández

O convenio ten por obxecto o desenvolvemento dun programa de transferencia de embrións para mellorar a calidade xenética do gando vacún frisón da provincia de Lugo.

Os embrións empregados proceden tanto da compra en poxas de embrións en Europa como os producidos a partir de vacas doadoras da Granxa Gayoso Castro. No futuro tamén se incluirán os obtidos a partir das femias doadoras nadas de embrións transferidos en fases anteriores.

As femias obtidas permitirán incrementar o nivel xenético da cabana frisoa da provincia de Lugo, destinando os machos a sementais, con posibilidade de acceder a súa testaxe en Centros de inseminación.

Criterios de selección das ganderías colaboradoras

Como norma xeral seleccionanse ganderías que podan aportar xovencas receptoras dabondo, cun bo nivel sanitario e de manexo e estén acreditadas como ganderías criadoras de referencia.

En primeiro lugar, trátase de asegurar unha elevada efectividade da transferencia de embrións, para acadar unha boa repercusión que promova a continuidade do programa. Con este fin elixense ganderías con experiencia na posta de embrións, xa que facilitará a colaboración do gandeiro en todo o proceso.

Por outra banda, as femias nadas nas explotacións colaboradoras deben estar sometidas a un manexo axeitado que facilite unha cualificación morfolóxica e unha produción acorde co seu potencial xenético. Deste xeito, a selección de ganderías faise partindo dun nivel medio na gandería de produción e cualificación, xunto con outros criterios técnicos, como a Taxa de Non Retorno media da explotación, o intervalo entre partos, a puntuación lineal (RCS) media da ganderías, a idade media ao primeiro parto ou a lonxevidade media. Estes e outros criterios obxectivos definen claramente o nivel de manexo da explotación e aseguran en maior medida que as femias nadas do Programa e criadas nestas explotacións manteñan o nivel produtivo, morfolóxico e funcional que se espera delas.

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético