AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

INFORMES MENSUAIS DE CONTROL LEITEIRO

20 / Junio / 2022

No mes de xullo de 2021 en Galicia comenzamos a analizar o perfil de acedos graxos das mostras de Control Leiteiro, pero nun principio non se analizaban todas, grazas a colaboración do Ligal dende o mes de  febrero de 2022, estas análises realizanse en todas as mostras, así ata o de agora no informe mensual mostrabanse os valores para cadea curta, cadea longa e insaturados, pero neste mes de xuño demos un paso máis, pasando a mostrar os valores medios por explotación e grupo de vacas dos denominados acedos graxos denovo e preformados, estes son obtidos mediante unnha formula matemática a partir das determinacións que xa se viñan facendo.

 

CONTROL LEITEIRO

A clasificación dos acedos graxos en denovo, mixtos e preformados realizase en función do seu orixe:

Denovo, son sintetizados na ubre, e na súa maioría son acedos graxos de cadea curta.

Preformados, son maioritariamente de cade longa, obtidos a partir das reservar corporais do animal ou da alimentación e pasan do sangue ao leite.

Mixtos: poden ser sintetizados no ubre ou proceder da alimentación ou reservas corporais.

Todos os estudos coinciden en salientar a correlación positiva entre a porcentaxe acedos graxos denovo e unhas boas concidións dos animais, podendo ser utilizados para evaluar xa non so a aliementación, senón tamen o manexo e instalacións.

Como referencia o valor medio da porcentaxe de acedos graxos denovo na provincia de Lugo é de 27,3%  situando o percentil 90 en torno ao 28,5%.

A espera de ir acumulando máis información e poder obter máis indicadores propios sobre estes valores, debemos ir observando esta porcentaxe en cada explotación evaluando as variacións, e relacionándoas cos cambios que se produciron na granxa durante o último mes.

Nas xornadas organizadas por Vaca Pinta e Africor Lugo o pasado 14 de xuño houbo unha ponencia a cargo de Juan Cainzos onde se explicaba un pouco máis sobre este tema.

Vaca TV: acedos graxos

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético