AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

INFORMACIÓN AO SOCIO

24 / Julio / 2012

Co gallo de mellorar o servizo prestado aos asociados, os informes correspondentes ao control do mes de xullo están a ser enviados por correo electrónico ou correo ordinario a cada un dos socios, a fin de dispoñer no menor tempo posible da información completa do control realizado.

De calquera xeito, os datos sempre están dispoñibles na páxina web http://www.cegacol.com/ColeWeb/

 

Os informes de Control leiteiro recollen a información relativa ao control realizado, indicando os valores medios da produción e das analíticas das vacas controladas, agrupados por días en leite e número de partos. Tamén se inclúen varios índices produtivos e reprodutivos que poden axudar na xestión da explotación. 

Nos listados vaca a vaca se pode consultar a produción, analítica e última inseminación, así como un aviso no caso de que a vaca tivese un incremento no reconto celular respeto do  control anterior ou un descenso importante na produción.

Tamén se indica o reconto celular do último control da lactación anterior nas vacas de primeiro control tras o novo parto, a fin de avaliar o período de secado, así como os tratamentos realizados nese periodo, permitindo detectar novas infeccións.

Nas listas de vacas secas e xovencas de máis dun ano, ordéanse pola data de inseminación a fin de ter referencia dos próximos partos. Tamén serve de referencia para ver os animais repetidores (indícase o número de inseminacións) e os que ainda non foron inseminados.

Como unha información adicional para a xestión da explotación, indícanse os datos medios das vacas dadas de baixa no último ano e as baixas dadas no último control, incluindo a súa produción vitalícea e o motivo da baixa.

Exemplo de informe

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético