AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

INDEMNIZACIÓNS POR SACRIFICIO OBRIGATORIO

25 / Enero / 2008

Orde do 22 de xaneiro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das indemnizacións por sacrificio obrigatorio de gando nos programas de control e erradicación de enfermidades animais para o ano 2008.

Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras para a concesión das indemnizacións os titulares de animais e/ou produtos sacrificados e/ou destruídos por motivo de erradicación de enfermidades animais, no ano 2008.
 
Poderán  beneficiarse destas indemnizacións: 
  • Os titulares de animais que se sacrifiquen como consecuencia de resultar positivos a tuberculose bovina, brucelose e lingua azul no gando vacún, ovino e cabrún ou por convivido con animais enfermos.
  • Os titulares dos animais ou produtos sacrificados e/ou destruídos por causa das encefalopatías esponxiformes transmisibles.
  • Os titulares dos animais ou productos da especie gallus sacrificados ou destruídos por orde da autoridade competente dentro do programa nacional de control de salmonela
  • Os titulares das aves sacrificadas pola aparición dun foco de influencia aviaria.
Os trámites levaranse a cabo nas delegacións provinciais da Consellería do Medio Rural.
 
 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético