INCENTIVOS PARA AFILICACIÓN A SEGURIDADE SOCIAL
05 / Julio / 2007
Orde do 28 de xuño de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das persoas cotitulares ou titulares de explotacións agrarias e se procede á súa convocatoria para o ano 2007.
Esta orde ten por obxecto facilitar a afiliación a Seguridade Social das persoas con explotacións agrarias, especialmente as mulleres.
Poderán solicitar estas axudas as persoas que fosen alta na Seguridade Social a partir do 1 de xaneiro de 2006, ou sexan alta antes de rematar o prazo de presentación das solicitudes, e cumpran cos requisitos especificados nesta orde.
A contía destas axudas depende da situación do solicitante, chegando nalgún caso ata o 50% da cota.
O prazo de presentación das solicitudes remata o 30 de setembro de 2007
LEY 18/2007, de 4 de julio, por la que se procede a la integración de los trabajadores por cuenta propia del Régimen Especial Agrario de la Seguridad Social en el Régimen Especial de la Seguridad Social de los Trabajadores por Cuenta Propia o Autónomos.
Según esta lei a partir do 1 de xaneiro de 2008 os traballadores dados de alta no Réxime Especial Agrario, pasan a estar incluidos no Réxime Especial de Autónomos, se ben, dentro deste Réxime establécese un Sistema Especial para Traballadores por Conta Propia Agrarios.
Esto propicia cambios na posibilidade de contratar persoal asalariado por parte das entidades agrarias, ademáis de establecer unha serie de condicións na contratación como traballadores por conta allea dos membros da unidade familiar.