07 / Abril / 2006
O venres tivo lugar a inaguración da feira coa presencia do Conselleiro do Medio Rural e moitas outras personalidades do panorama político galego, que non quixeron perder a oportunidade de presenciar unha das mellores feiras da nosa comunidade, visitando os gandeiros que estaban ultimando os preparativos para o concurso do sábado.
O Conselleiro no seu discurso falou da creación dun banco de terras que facilite o acceso ás mesmas daqueles que desexen traballalas sen que isto supoña unha perda de dereitos por parte dos seus propietarios. Tamén se referiu á importancia do sector de vacún de leite no conxunto da nosa comunidade.
![]() |
Falando do concurso de gando frisón, xa están ubicadas as 91 reses participantes, que pertencen a 29 ganderías de toda a provincia. Polo observado ata de agora o concurso vai ter un nivel altísimo polo que lles recomendamos non perdan esta oportunidade de ver na pista os mellores animais da raza. O concurso terá lugar durante o sábado. O domingo celebrarase o concurso de novos manexadores e a entrega de premios. |