AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

I CONCURSO DE CALIDADE DO LEITE - EXPOAVIGA

22 / Octubre / 2006

 A entrega dos trofeos realizouse coincidiendo con EXPOAVIGA 2006 que se celebrou do 17 ao 20 de outubro de 2006, en Barcelona.

Elixíronse as tres mellores explotacións de vacún de leite de cada Comunidade Autónoma, así como outras dúas as que se lles concedeu un diploma.

O xurado foi o Comité Nacional Leiteiro, formado por expertos en calidade de leite e o comité organizador de Expoaviga.

 Os premiados, representando a Galicia foron:

 1º SAT O Vilar, de Alvare, A pastoriza   

2º Gandería Maseda, de Cirio, Pol

3º Gandería Vega C.B., de Ansemar, Castro de Rei

Diploma: Gandería Outeiro C.B., de Outeiro, Chantada

Diploma: SAT Vilar-Alaxe, de Prevesos, Castro de Rei.

                                                                                        Entrega do 1º premio        

A Barcelona desprazáronse os representantes das ganderías premiadas, agás de SAT Vilar-Alaxe, non poideron asistir á entrega de premios.

Estas ganderías tamén foron elixidas, xunto con outras dez, “Mellores explotacións da provincia de Lugo 2006”.

Trátase de dar un recoñecemento público ao esforzo que os productores españois están realizando para ofrecer un leite de máxima calidade, superando día tras día as pautas que marca a Unión Europea.

    Primeiros premios de cada comunidade
    Segundos premios de cada comunidade

Para o Concurso de Calidad de Leche cruda de Vaca  concurso valorouse a calidade do leite producido, tanto en características fisico-químicas, de graxa e proteína, como o cumprimento da normativa RD 1618/2005. deste xeito, os participantes tiveron que producir un leite coas seguintes características:

-Bacterioloxía                            <30.000 u.f.c./ml.

-Células somáticas                     <200.000 cel./ml.

-Inhibidores de crecemento            Ausencia

-Crioscopia (auga engadida)            Ausencia

As cinco ganderías premiadas promedian unha produción de 11.104 Kg. de leite por vaca, con 4,1% de graxa e 3,1% de proteína, cunha cualificación morfolóxica de 81 puntos, un índice xenético de 1.173, e un intervalo entre partos de 408 días.

As nosas felicitacións aos galardonados, pola súa labor profesional, e por ser un referente na produción de leite en España.

        Terceiros premios por comunidade
            Diplomas por comunidade

 A relación de premiados a nivel nacional pode consultala no seguinte documento: galardonados

No acto de entrega de premios estiveron presentes:

D. Josep Tarragó - Presidente de Expoaviga (primeiro pola dereita)

D. Pedro Rodríguez Zaragoza - Consejero de Agricultura de Canarias (segundo pola dereita)

D. Enrique Díaz Yubero - Director de Rumiantes de PFIZER (facendo entrega do premio a D. José Manuel López Tellado)

D. Monserrat Gil de Bernabé - Directora General de Promoció i Indústries Agroalimentáries (segunda pola esquerda)

D. Antonio Fernández García de Vinuesa - Subdirector general del MAPA (primero pola esquerda)   

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético