GANDAGRO
15 / Marzo / 2014
O venres 14 de marzo de 2014 no Recinto Feiral de Silleda tivo lugar a primeira parte dos concursos de frisón, XXXII Open Internacional GandAgro e XXIII Concurso Autonómico, sendo xulgadas as sección de xatas e xovencas, xulgamento realizado por D. Santiago García Souto, xuíz nacional de Conafe.
Vídeos concurso completo en AFRIGA.TV

A participación de Lugo neste certame corre a cargo de catro ganderías, Cid de Barreiros, Capón de Chantada, Rei de Miñotelo da Pastoriza e Pozo de Lugo.
POZOSAA XACOBEO 6945 LUSI
O animal da provincia que acadou o mellor resultado foi con POZOSAA XACOBEO 6945 LUSI, da gandería Pozo, unha xovenca de 21 meses de idade que obtivo o título de Xovenca Campiona de Galicia e Reserva Gran Campiona, ademáis de Novilla Campeona Internacional.
POZOSAA XACOBEO 6945 LUSI
Ademáis gandería Pozo tamén acadou un segundo posto de sección con POZOSAA ATWOOD 7126 RITA.
POZOSAA ATWOOD 7126 RITA
A gandería Capón de Chantada tamén tivo unha actuación moi destaca, acadando un primeiro posto de sección con CAPON-HOLSTEIN MERCHIÑO CALINA e un segundo posto con CAPON-HOLSTEIN WINDBROOK PAQUI.
CAPON-HOLSTEIN MERCHIÑO CALINA
CAPON-HOLSTEIN WINDBROOK PAQUI
A Xovenca Gran Campiona de Galicia así como do Open GandAgro foi CASA-NOVA DELIA FEVER 943 da gandería Casa Nova de Mesía, unha magnífica becerra que o xuíz non dudou en colocar como o mellor animal presentado.
CASA-NOVA DELIA FEVER 943
Completando o cadro de honra deste concurso temos:
Becerra Subcampiona de Galicia
CASA-NOVA GREGORIA ATHLETE 958 - CASA NOVA
Ternera Subcampeona Internacional y Reserva Gran Campeona
BADIOLA ACME MANOLY - BADIOLA
Xovenca Subcampiona de Galicia e Internacional
BLANCO MEGALUNA ET - BLANCO
Campionas Autonómico e autoridades
Campionas Internacional e autoridades
O sábado 15 de marzo de 2014 tivo lugar a segunda parte dos concursos de frisón, XXXII Open Internacional GandAgro e XXIII Concurso Autonómico, sendo xulgadas as sección de vacas en lactación, xulgamento realizado por D. Santiago García Souto, xuíz nacional de Conafe.

REY 547 SONRRISA SID foi proclamada Vaca Gran Campiona de Galicia " FEFRIGA 14", está primeiriza da gandería Rey de Miñotelo da Pastoriza, fixose co título logo de ser elexida Vaca Nova Campiona de Galicia.
Ademáis tamén obtivo os premios de Vaca Joven Campeona Internacional y Reserva Gran Campeona Internacional.
Na fotografía observamos a Marcelino de Casa Pozo facendo entrega a Alberto de Rei de Miñotelo do trofeo que acredita como a mellor vaca de Galicia.
Familia Rei de Miñotelo coa Gran Campiona
REY 547 SONRRISA SID
Rei de Miñotelo tamén obtivo o premio Vaca Intermedia Subcampiona de Galicia con REY 509 NINFA SPIRTE.
REY 509 NINFA SPIRTE
O éxito de Rei de Miñotelo rematou co premio de Mellor Criador de Galicia e Segundo Mellor Criador Internacional.
Rei de Miñotelo - Mellor Criador de Galicia
Moi destacada foi tamén a actuación da gandería Cid de Barreiros, pois súa é a Vaca Intermedia Campiona de Galicia, CID GOLDWYN MATIGUEIRA ET, que tamén acadou o título de Reserva Gran Campiona de Galicia , así como a Vaca Nova Subcampiona con CID AFTERSHOCK MATICA.
CID GOLDWYN MATIGUEIRA ET
CID AFTERSHOCK MATICA
A gandería Cid acadou ademáis o título de Segundo Mellor Criador de Galicia.
Cid - Segundo Mellor Criador de Galicia
Completaron o podio do concurso autonómico dúas vacas da gandería Blanco de Lalín, CASLIMOURE GOLDWYN LAURA e BLANCOH DANCER LEIRE, Vaca Adulta Campiona de Galicia e Subcampiona respectivamente.
CASLIMOURE GOLDWYN LAURA
BLANCOH. DANCER LEIRE
O gran triunfador do Open GandAgro foi sen dúbida gandería Badiola de Asturias, pois súa é a Vaca Gran Campeona Internacional, catro vacas entre as campionas e o título de Mellor Criador Internacional.
BADIOLA GOLDWYN MEGATE I - VACA GRAN CAMPEONA INTERNACIONAL
BADIOLA GOLDWYN MEGATE I
Gandería Badiola - Mellor Criador Internacional