01 / Diciembre / 2010
A charla estivo a cargo de Dona María Cristina Vázquez Balboa, do Departamento de Seguros Agrarios de Caixa Rural Galega que explicou ao persoal de Africor as condicións de contratación dos seguros de Alta Valoración Xenética.
Esta liña de seguros e complementaria á liña 102 de explotacións de gando vacún destinados a cubrir accidentes, enfermidades etc. A súa contratación sempre vai parella a estos outros seguros, xa que a finalidade e incrementar a compensación ao gandeiro cando ocorre un sinistro cun animal de alto valor xenético.Isto tamén vai supoñer un incremento do capital asegurado, o que leva asociado un incremento do custo do seguro, se ben, na maioría dos casos este incremento e inferior a bonificación a que accede por ter animais de alto valor xenético.


