28 / Noviembre / 2025
O 28 de novembro tivo lugar unha xuntanza formativa dos técnicos de control leiteiro de todo Galicia, un total de 90 persoas, entre controladores, veterinarios e resto de persoal das africores que se xuntaron co motivo de actualizar e mellorar a súa formación para poder ofertar un mellor servizo as explotacións dos asociados.

Esta formación estivo a cargo de José Antonio Jiménez de Conafe que explicou aos asistentes o potencial das probas xenómicas, unha ferramenta que en Galicia aínda non estamos usando tanto como se debería, pois non hai dúbida da súa eficacia a hora de predicir o potencial dos animais, ademais doutros beneficios como a confirmación da xenealoxía, coñecemento do perfil de proteínas do leite, identificación de xenes recesivos e un incremento na fiabilidade do apareamento que fai que permite maximizar a mellora para a seguinte xeración.

A continuación Santiago Mato, xefe de cualificadores de Conafe, explicou aos asistentes os novos informes de cualificación, coincidindo co inicio dunha novo rolda, onde os técnicos de Conafe visitarán todas as ganderías en libro xenealóxico para valorar a morfoloxía dos animais, unha técnica imprescindible para nutrir de información o sistema e seguir mellorando a fiabilidade das predicións xenómicas, ademais de servir ao gandeiro para detectar os seus puntos máis fortes e débiles, pois o menos importante e a puntuación final da vaca, o importante e a determinación dos seus puntos fortes e débiles, algo que se trasladará aos índices e nos permitira corrixir esas debilidades na seguinte xeración.

Despois foi a quenda de Ramiro Fouz, actualmente profesor da USC, e un dos maiores valedores do control leiteiro en Galicia, aproveitou a ocasión para facer unha reflexión sobre a importancia da recollida dos datos, pois a calidade da información recollida e o que determina a utilidade dos informes xerados, así como a necesidade de valorizar o retorno ao gandeiro, dedicando certo tempo a explicar e analizar os informes devoltos para que os gandeiros poidan beneficiarse do traballo realizado.

Logo Jesús Vázquez, xerente de Xenética Fontao, presentou a campaña de seme 2026 onde a maiores dos touros frisóns se ofertan doses de razas cárnicas sexadas a macho, e como novidade da raza rubia galega, sen dúbida unha alternativa máis para que os gandeiros poidan rentabilizar as súas granxas, pois a carne e cada vez un ben máis escaso, e coa utilización do semen sexado frisón a femia e o de cruce a macho podemos maximizar o rendemento da explotación a vez que aceleramos a mellora xenética ao seleccionar as nais da seguinte xeración.

Mauricio de los Santos, fixo un breve repaso aos touros incluídos na campaña, agrupando este por lotes e salientando como os touros de Xenética Fontao copan as primeiras posicións dos ranking nacionais ano tras ano, tanto en probados como xenómicos, deixando de manifesto unha vez máis que os mellores touros nacionais están en Galicia, así como destacando a variedade dos touros ofertados, con touros máis fortes en carácteres de produción e outros máis fortes a tipo, touros vermellos, acornes, con proba americana, en definitiva 38 touros para que os gandeiros poidan escoller o que mellor se adapte os seus criterios de selección.

Alejandro Fernández, repasou a situación do mercado da carne, mostrando un exemplo do beneficio extra que pode obter un gandeiro utilizando semen sexado fronte ao convecional nas vacas destinadas a cruce

Para rematar a xornada contamos coa Conselleira do Medio Rural, María José Gómez, que aproveitou a ocasión para confirmar a aposta da Consellería do Medio Rural polo sector produtor de leite e polas entidades de control leiteiro como ferramenta para axudar a un sector estratéxico, anunciando que para o ano 2026 un millón de euros en axudas para as entidades de control leiteiro.
