28 / Julio / 2025
Entre os días 3 e 5 de xullo tivo lugar en Lalin unha nova edición de Feiradeza así como do Open Lalin, nesta ocasión o xulgamento dos concursos estivo a cargo do frances Anthony Le Trionnaire, un xuíz con amplia experiencia.
A participación de Lugo limitouse nesta ocasión a 3 ganderías, A Vereda, A Lagoa Serabel e Rei de Miñotelo, todas fixeron un bo papel pero Rei de Miñotelo destacou principalmente no apartado de xatas e xovencas, acadando os grandes campionatos así como o premio ao Mellor Criador de Xovencas do Open.
Nas vacas en lactación a gran triunfadora foi A Lagoa Serabel, pois repetiu o éxito do ano pasado e Kergo Ozalid 6818 foi proclamada Vaca Gran Campiona do Open.