EXPOLUGO
30 / Septiembre / 2008
Dentro dos actos organizados con motivo da Feira exposición EXPOLUGO 2008, organízase un desfile de gando polas rúas da cidade de Lugo, no que participará AFRICOR LUGO en colaboración co Clube de Xóvenes Gandeiros de Galicia, que serán os encargados de preparar e manexar as xatas que se presentarán no desfile.

O desfile arrincará da Rolda da Muralla, á altura da rúa Aguirre, o venres día 3, as sete da tarde.
Contarase con participación de xatas das ganderías Pozo de Saa, e Capón de Chantada.
As actividades de frisón terán continuación o sábado pola mañá, as 10, co Curso de Morfoloxía de Gando Frisón.
Este curso desenvolverase a modo dunha Escola de Xuíces, sendo dirixido por D. Javier Álvarez Lastra, xuíz nacional de CONAFE.
Participan un total de 50 persoas, xóvenes gandeiros/as na súa maioría, que terán a oportunidade de ampliar os seus coñecementos en morfoloxía de gando frisón, e como aplicalos co obxectivo de acadar unha maior lonxevidade e rendibilidade dos seus animais.
O curso estará estruturado en catro seccións, tres de vacas e unha de xatas, máis un campionato.
Os animais proceden das ganderías Pozo de Saa, Capón de Chantada e Outeiro de Chantada. Agradecémoslles dende aquí a sú colaboración na organización deste tipo de eventos.