ESCOLA DE XUÍCES NA GANDERÍA POZO
02 / Agosto / 2010
A 36 Escola Nacional de Xuíces Gandeiros tivo lugar entre os días 29 e 31 de xullo, en ganderías da provincia de A Coruña, Pontevedra e Lugo. O sábado, desenvolveuse na gandería Casa Pozo.
A Escola contou con máis de 100 participantes de toda España, que acudiron a mesma para mellorar os seus coñecementos sobre a morfoloxía da vaca frisona, e aprender a comparar distintos animais en función das súas características.
O sistema de aprendizaxe e totalmente práctico, e trátase de ordear un grupo de vacas de mellor a peor en función da súa morfoloxía, atendendo a criterios básicos de funcionalidade e a súa correspondencia co modelo racial da raza frisona.
Os participandes deben observar con detalle os animais, fixándose nas partes principais das vacas frisonas, para así poder argumentar a súa colocación, xa que tan importante como saber cal é mellor é ser capaz de argumentar esa decisión.
Estas escolas teñen como finalidade que os gandeiros e técnicos coñezan un pouco mellor as características dos animais obxecto do seu traballo, e así realizar un mellor manexo e selección dos mesmos. A maiores, déstas escolas de xuíces tamén saen os xuíces encargados de xulgar os concursos de gando.
Dende aquí damos as grazas a Casa Pozo, polas 4 excepcionais seccións que presentou nesta Escola de Xuíces, así como ao resto de ganderías que fixeron posible a celebración desta Escola.