23 / Junio / 2008
Dende Africor Lugo quixemos facer unha avaliación da información recibida a través das revistas, co ánimo de estudiar as necesidades formativas dos seus socios e estimar a valoración que fan dos contidos que se lles aportan.
Deste xeito, pasouse a primeiros do ano 2008 unha enquisa a todos os socios da provincia, da que respostaron 1.476.
Solicitouse unha valoración nunha escala de 1 a 5 das tres revistas que reciben todos os gandeiros en Control leiteiro, co seguinte resultado:
Afriga: 3,86 puntos, coa máxima puntuación (5) do 28,4% dos gandeiros
Branco e Negro: 2,84 puntos, coa máxima puntuación (5) do 9,8% dos gandeiros
Fisona española: 3,76 puntos, coa máxima puntuación (5) do 23,2% dos gandeiros
O 19,6% dos gandeiros reciben unicamente estas tres revistas, fronte ao 80,4% restante, que recibe outras publicacións a maiores das descritas:
As revistas mellor valoradas
A maiores da valoración por puntos, solicitouse do gandeiro que indicara cal é a revista que mellor valora, de xeito global, resultando Frisona Española, cun 37,94% dos gandeiros que a elixen como a mellor revista, seguido por Afriga, cun 34,35%.
En canto á valoración como mellor revista doutras publicacións, salientar o 10,9% que acada Cooperación, editada por Agaca (Asociación Galega de Cooperativas), que a sitúa como a terceira revista mellor valorada, a pesar de non ter unha distribución tan ampla como as tres anteriormente citadas. Esta revista recíbena un 36% dos gandeiros.
Tamén suscita grande interese Holstein Internacional, revista editada en Holanda, coa súa edición en español, que reciben un 57% dos gandeiros, sendo valorada como mellor revista polo 4,3% dos casos.
Non existen diferenzas significativas na valoración que se fai das revistas nos distintos estratos de ganderías, segundo o número de vacas (menor de 50, de 50 a 100 e maior de 100 vacas)
En canto ao nivel de produción das ganderías que reciben as revistas, tampouco se aprecian diferenzas significativas na predilección por unha ou outra, agás do caso de Holstein Internacional, onde a media de produción dos que a elixen como mellor revista é de 9.283 quilos, 750 quilos máis que a media do resto das ganderías.
Comparando a oferta informativa das revistas fronte á que dan os xornais, o resultado das enquisas posiciónase claramente a favor das primeiras.
Segundo os resultados da enquisa, a percepción que ten o gandeiro da información que recibe a través da prensa, en particular dos dous xornais de maior tirada na provincia, como son El Progreso e La Voz de Galicia ten unha valoración de insuficiente no 75% dos gandeiros, fronte a tan so un 23% no caso das revistas.
O 14% que consideran axeitada a información recibida a través dos xornais, fronte ao 75% que valoran axeitada a información das revistas.
Na mesma enquisa preguntouse polos artigos ou contidos que lles gustarían que se tratasen nestas publicacións, respostando 560 gandeiros, dos 1.476 enquisados. Destacan tres temas básicos de preferencia, que marcan a maioría das respostas. Por esta orde son:
O Mercado de prezos (estudios comparativos de produtos, por países, evolución dos prezos, ...) e o futuro do sector, incluindo o sistema de cotas de produción son os temas que seguen na listaxe de interés por parte dos gandeiros.
Salientar a baixa predilección por temas máis novidosos ou puntuais, que foron indicados por menos dun 2% dos gandeiros; entre estos están as novas tecnoloxías, temas medioambientais, benestar animal, aluguer de terras, boas prácticas agrarias ou xestión.
Outros aspectos máis xerais que se reflicten na enquisa é a demanda de artigos máis asequibles e adaptados ás realidades da maioría das explotacións de Galicia, dado que as veces se recurre nestas publicacións a traducións de artigos estranxeiros, moi técnicos ou pouco extrapolables ás nosas condicións de manexo.
Tamén se demanda un maior protagonismo dos gandeiros, con entrevistas e reportaxes de ganderías, sendo os propios gandeiros os que conten como resolven o seu traballo do día a día.