AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

Dúas xatas de Lugo na Poxa Nacional de Conafe

07 / Junio / 2010

 

Dúas xatas da provincia de Lugo foron seleccionadas para a poxa de elite organizada por CONAFE a nivel nacional que terá lugar o día 18 de setembro, coincidindo coa celebración do Concurso nacional.

Poxa Nacional de CONAFE

Na poxa presentarase un grupo reducido de animais, entre dez e doce, seleccionados a nivel nacional, no que tamén se incluirá unha xata procedente da Finca de Bos.

Sen dúbida ten un grande mérito que dúas das xatas seleccionadas sexan da provincia de Lugo, xa que trátase dunha selección a nivel nacional, e que tiveron que pasar unha criba importante, tanto a nivel de pedigrí como morfolóxico.

As ganderías das que proceden son Mantoño e Caseiro de Ernes, dúas das mellores ganderías de selección de España.

As xatas seleccionadas son as seguintes:

MANTOÑO LAURIN GIPSIA ET, unha filla de Laurín, cun índice xenético de  2.428 puntos de ICO.

A súa nai é Bos Mantoño Allen Gypsy, cualificada MB 88, con dous fillos en centros de inseminación, Gypson en Geneticale e Gigoló en Xenética Fontao.

A avoa é Bos Igniter Valiosa, EX, con cinco fillos en centros de inseminación, procedente da familia de Braedale Gypsy Grand.

www.mantonoholstein.com

 

CASEIRODERNES SPIRTE LAURIA ET, unha filla de Spirte, cun índice xenético de  2.177 puntos de ICO.

A súa nai é Bos Caseirodernes MD Laura, cualificada MB 86.

A avoa é Bos James Lana, MB 88, procedente da familia de Comestar Laurie Sheik.

www.caseirodernes.com

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético