AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

Dúas vacas do Programa de Xenómica de Africor Lugo entre as dez mellores de España

16 / Octubre / 2014

Tras publicar CONAFE (Confederación Nacional de Frisona Española) as valoracións xenéticas actualizadas en base GICO (Índice xenético xenómico), correspondentes ao mes de outubro, dúas vacas do Programa de Xenómica de AFRICOR LUGO sitúanse entre as dez mellores de España.

Probas xenómicas

O seu valor xenómico obtívose a través do Programa de Xenómica de AFRICOR LUGO, cofinanciado pola Deputación Provincial de Lugo, que tamén conta coa colaboración de Xenética Fontao e de CONAFEAs probas xenómicas permiten estimar cunha alta fiabilidade o xenotipo do animal, a partir dunha mostra de ADN. Esta tecnoloxía fai que antes de ter resultados produtivos do animal o gandeiro teña unha referencia do seu potencial xenético.  

Estas dúas xovencas son fillas de Gerard, un touro que foi distribuido dentro da Campaña de seme subvencionado que se organiza anualmente, dentro do Programa de Mellora Gandeira de Galicia da Consellería do Medio Rural.

Tanto San Miguel Gerard 405, no posto nº3 como Foros Gerard Minga, no posto nº 6 son dous animais resultado do Programa de Apareamentos de AFRICOR LUGO. Este programa aconsella aos gandeiros sobre os acoplamentos a realizar nas ganderías para optimizar a mellora xenética das explotacións á vez que evita a consanguinidade.

Proceden de dúas ganderías en Control leiteiro, SAT San Miguel, de Palas de Rei e SAT Os Foros, de A Pastoriza.

No número 1 deste listado tamén atopamos outro animal de Lugo, da gandería SAT Cavadas, de Xermade.

 

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético