21 / Diciembre / 2009
Lugo situa dez vacas entre as cen mellores de España
Tras a nova publicación de CONAFE dos índices xenéticos, aparecen dez vacas nadas e propiedade de ganderías de Lugo entre o grupo das cen mellores de España, con dúas entre as dez primeiras.
LODOS DUPLEX PARIS é a primeira clasificada, no posto 7º, cun índice de +3.228, un valor incluso superior ao do touro Xacobeo (+3.200). Esta vaca está a facer o seu 2º parto, e foi cualificada con 83 puntos en primeiro parto, no que chegou a producir 12.567 quilos de leite. Pertence á gandería SAT Lodos e Perez, de A pastoriza.
Esta vaca tamén é a mellor de Galicia por índices xenéticos.
A única gandería que situa dous animais entre as cen primeiras é a Cooperativa Chaín, de Pol.
POSTO |
NOME |
ICO |
TITULAR |
7 |
LODOS DUPLEX PARIS |
3.228 |
SAT LODOS E PEREZ |
9 |
TABOADA MODEST GALEA |
3.192 |
TABOADA VAZQUEZ ANTONIO |
25 |
CHACO SPIA ROUKI 1641 |
2.977 |
COOPERATIVA CHAIN |
54 |
CASEIRODERNES SHOTTLE HOPE |
2.851 |
SAT CASEIRO DE ERNES |
63 |
CASTRO 226 EMERSON ET |
2.832 |
GRANXA GAYOSO CASTRO |
66 |
DADOLO THRONE LUCIA |
2.827 |
SC GANADERIA PENA BRETOÑA |
76 |
CASTRAGUDE SUSAO S. XACOBEO |
2.808 |
GONZALEZ FOLGUEIRAS Mª SIRA |
82 |
CHACO OLGENA PATUR 1666 |
2.800 |
COOPERATIVA CHAIN |
87 |
VILLAMEITIDE DUPLEX BLANCA |
2.791 |
SL VILLAMEITIDE |
98 |
PENA MARMAX PRINCES 2022 ET |
2.777 |
PENA VAZQUEZ MIGUEL ANGEL |
Alta valoración xenética
Para que un animal esté considerado como de alta valoración xenética debe ter un ICO superior a 1.842 puntos, situándose entre o mellor 10% das vacas de España.
O 78% das ganderías en Control leiteiro de Lugo teñen alomenos un animal que cumpre este requisito.