AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo
para o Control de Rendementos

Novas

Domingo en MOEXMU

10 / Abril / 2006

O domingo foi un día de entretenemento, despois da intensa xornada do día anterior. Comenzaron as actividades co Concurso de Novos Manexadores, que deleitaron ao público co seu bo facer en pista. O xuíz, D. José Manuel Paz Conde, deu explicacións de cómo se debe comportar un manexador, que foron moi ben recibidas por todos os participantes. 

O Campionato de Manexadores Adultos foi moi concurrido, con 16 participantes, que fixeron pequena a pista do recinto feiral. O gañador foi Ivan Cid, que volveu a mostrarse como un dos mellores manexadores de Galicia.

A entrega de premios contou coa presencia do Subdelegado do Goberno, D. Jesús Otero, así como os alcaldes de Cospeito Abadín e Xermade, así como o Delegado da Consellería de Medio Ambiente.

Como mellor gandería de Nova participación, foi premiada Casa de Baixo, de Sarria, que presentou catro animais, obtendo un primeiro de sección.

Nesta edición de MOEXMU concedeuse por primeira vez o premio ao Mellor Concello, segundo os puntos obtidos polos animais presentados de cada gandería. O primeiro premio foi para o concello de Barreiros, que foi recollido por D. Antonio Veiga, concellal e deputado provincial deste concello. O segundo premio foi para o concello de A Pastoriza, que recolleu en representación, D. Angel Santos, de gandería A Parada.

Para finalizar a entrega de premios, Africor-Lugo fixo entrega das mencións honoríficas ás mellores ganderías da provincia. Deste xeito, o presidente D. José Manuel López Tellado fixo entrega dunhas placas conmemorativas  as ganderías Costureiro, de Sarria, Pena, de Begonte e Perrelos, de Taboada.

RECRIA GENÓMICA

CAMPAÑA SEME

BOLSA DE RECRÍA

Identificación bovina


ACCESOS DE INTERESE

O tempo · meteogalicia
TV, novas relacionadas coa produción de leite
Xunta de Galicia Medio Rural
Xenética Fontao

AFRICOR LUGO

Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos
Ronda de Fingoi, 117 · 27002 3 Lugo· Tfno: 982 25 07 14 · E-mail: info@africorlugo.com
Aviso Legal · Política de Privacidad · Uso de Cookies· Política de Calidad · Canal ético